Rueda esgrime a fin da parálise da vivenda ante Pontón, que esixe "non xogar coa ilusión da xente"
A líder do BNG e o presidente fan confrontar a conxelación da política de vivenda pública en década e media cos actuais plans nos que o Goberno galego cifra en case 3.000 os pisos en marcha. "Non vai haber 4.000 novas vivendas en tres anos", mantén Pontón. "Están construíndose", reitera Rueda. No primeiro semestre de 2025 quedaron rematadas 50 vivendas protexidas en Galicia e iniciáronse 314, a maioría de promoción pública