Povisa cita a paciente que sobrepasaba a espera cirúrxica tras facerse público o seu caso
O Hospital Ribera Povisa púxose en contacto coa paciente da área sanitaria de Vigo que compartiu con Praza.gal a súa preocupación por sobrepasar o prazo para unha intervención cirúrxica coa máxima prioridade o mesmo día da publicación, ás nove da noite, por vía telefónica