0 Gardados para despois

O foco na transparencia

O pasado marzo entrou en vigor a nova Lei de Transparencia. O texto actualiza o vixente dende 2006 e difunde información que ata agora non era pública, se ben tamén presenta eivas en canto á difusión dos datos da actividade pública.

Resposta de Facenda á Valedora do Pobo dicindo que non dispón de información sobre se a Xunta ten tarxetas bancarias

A lenta transparencia da Xunta: 7 meses para dicir que non sabe se ten 'tarxetas black'

Tras dúas peticións oficiais de información e a intervención da Valedora do Pobo, a Consellería de Facenda di “non dispor de información” sobre se existen tarxetas bancarias institucionais no resto da administración autonómica e só nega que ela mesma as teña “dende 2009”. Fontes consultadas por este diario aseguran que non as hai desde hai décadas.