0 Gardados para despois

Agustín Fernández Paz

Vilalba, 1947 - Vigo, 2016

Agustín Fernández Paz

”Hai unha vontade explícita de baleirar de contido o autogoberno e a cultura”

Agustín Fernández Paz recolleu hai só uns días o premio da Asociación Galega de Editores á mellor obra de fición do ano por Non hai noite tan longa, e xa a está a traballar na que será a súa próxima novela. En pouco tempo chegará tamén ás librarías a súa obra As fronteiras do medo, só uns meses despois de publicarse Fantasmas de luz. Por algo é considerado un dos nosos escritores máis prolíficos, ademais dun dos máis recoñecidos e respetados polo seu compromiso coa lingua, a cultura e o ensino.

"A lingua deste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel"

A voz calma de Agustín Fernández Paz converteu a Quintana no salón dun fogar de milleiros de persoas que o escoitaron con respecto defender "a lingua de noso". "Imos sempre coa verdade por diante, conscientes da xustiza das nosas ideas e propostas", proclamou, e engadiu que a protección do idioma debe vir tamén acompañada de "alegría", subliñou, para "desmontar na práctica os insidiosos prexuízos que outros sementan na sociedade e nas familias, impulsando actividades que fagan posible vivir en galego". Vídeo no interior

Cartaz da homenaxe

Ferrolterra homenaxeará o seu 'veciño' Agustín Fernández Paz

Ferrol acollerá o vindeiro 17 de febreiro unha gala, con actuacións de Guadi Galego, María Manuela, Xabier Díaz, Bellón&Maceiras, Mini e Mero, Miro Casabella e A banda da Loba. O escritor e mestre viviu varios anos en Mugardos cando comezou a dar clases a a impulsar o movemento de renovación pedagóxica