
O Supremo condena os Franco a devolver as esculturas do Mestre Mateo ao Concello de Santiago
O alto tribunal sentencia que a Audiencia de Madrid incorreu nun "erro patente na valoración da proba" ao concluír que o concello compostelán non identificou "adecuadamente" as pezas que reclamaba. As esculturas en poder dos Franco son as mesmas, "sen posibilidade de dúbida". As esculturas foron mercadas polo consistorio en 1948, o ditador e a súa esposa quedaron con elas nos anos 50 e o goberno local litiga para recuperalas dende 2017