0 Gardados para despois

Bestiario do vestiario

Cada semana Martiño Suárez achéganos unha historia de personaxes, vidas e lugares que transitan polas marxes do deporte. Despois do seu nacemento ligado ao Dioivo e da súa encarnación en libro, a segunda tempada do Bestiario do Vestiario xógase en Praza Pública.

Nabokov en Roma

A saudade do señorito

A Nabokov gustáballe parar, pero o que máis lle prestaba era deixar voar a imaxinación; esquecía tanto o partido que aos compañeiros lles parecía mal

Caravaggio, retratado por Ottavio Leoni

Raquetas ou espadas

Durante catro séculos contouse que Caravaggio tivera que fuxir en pleno éxito artístico despois de asasinar un home por unha disputa nun partido de tenis, pero a cousa foi algo máis complicada

Ubaldo Pugnaloni

As ratas e o barco

"Mentres cruzaba a meta, o fascismo caía", contou Pugnaloni moito tempo despois. Cando se convenceu de que non tiña sentido reclamar o galardón, arrincou do traxe a insignia fascista, tirou con ela e marchou

  • A chispa de Tuskegee

    Alice Coachman foi a primeira muller negra en gañar unha medalla olímpica de ouro (en salto de altura en Londres 1948). Como lle ocorrera ao seu compatriota Jesse Owens uns anos antes, os Xogos foron o momento culminante da súa vida, e o regreso aos Estados Unidos, un golpe brutal de realidade.

  • Maratón punk

    É difícil imaxinar a un tipo menos atlético que Joe Strummer, pero, de crelo, chegou a completar tres maratóns na súa vida. En Londres, París e nun evento benéfico para recadar fondos contra a leucemia. As imaxes son moi estrañas: nelas vese ao artista con peiteado mohawk e unha dubidosa saúde bucodental, moi fraco e lucindo o dorsal 0918.

  • Van Looy, un malo de cómic

    Se hai no ciclismo un supervilán de cómic, ese é seguramente Rik Van Looy. Un potente equipo de gregarios para arruinar carreiras e mesmo abusos verbais en plena ruta estaban entre as súas malas artes, que ninguén sufriu tanto coma Merckx, ao que lle chamaba "pailán" pola maneira de pronunciar

  • O adestrador simbionés

    Nos anos setenta Jack Scott reclamou a fin da discriminación racial nos Estados Unidos e un deporte máis igualitario, colaborando co black power. Aínda que foi apartado dos seus cargos como adestrador universitario, soubo reinventarse, deixándonos obras teóricas e técnicas pioneiras e traballando con estrelas como Carl Lewis ou Ben Johnson.

  • Cando Boris coñeceu a Leonidas

    Onishchenko protestou, fíxose o ofendido, acabou recoñecendo que non o tocara, alegou avarías varias e tentou cambiar a arma por outra. Mais desta volta os xuíces non tragaron e desmontaron a arma

  • Os falcóns en Xeorxia

    En xullo de 1988 os Atlanta Hawks vivían unha das súas mellores épocas na NBA e compartían avión coa selección da Unión Soviética. Toda unha aventura da era da perestroika.

  • Gretel, Ibolya, Dora

    A historia de Dora Ratjen é a máis alambicada e triste despois de converterse na dominadora absoluta do calendario de salto de altura feminino, batendo récord tras récord; tras varrer nos Europeos de Viena, un celoso revisor entregouna ás SS