0 Gardados para despois

Caso 'Campeón'

En maio de 2011 a Policía irrompía na sede do Instituto Galego de Promoción Económicas (Igape) e na sede de Laboratorios Nupel, en Lugo. A intervención policial no ente dependente da Consellería de Economía e na empresa luguesa foi o inicio da denominada operación Campeón, un caso que non rematou de medrar dende ese momento e cuxa repercusión vén de medrar tras o levantamento parcial do segredo do sumario, poñendo en cuestión concesións de axudas públicas de Xunta e Goberno central e zarrapicando ás tres forzas parlamentarias de Galicia.

Jorge Dorribo

Para non perderse: quen é quen no caso 'Campeón'?

A presunta trama corrupta de "tráfico de influencias" e "blanqueo de capitais" implica xa a case corenta persoas e ten supostamente no seu centro ao empresario lugués Jorge Dorribo, cuxas declaracións xa zarrapicaron a políticos de PP, PSOE e BNG

Avelin Uno

Dorribo empeñou Nupel a base de préstamos para sufragar coches, 'Visas' e iates

O endebedamento do que botou man Laboratorios Asociados Nupel, xunto coa caída no volume de ventas, provocou unhas perdas superiores a doce millóns de euros en 2010. Mais o empresario e os seus socios seguían asinando préstamos para a adquisición de coches de alta gama e embarcacións. Hai evidencias de contabilidade en B e de manipulación da información mercantil. Galería no interior.