Condena á CSAG no Supremo por nomear tribunais de selección de persoal sen contar cos sindicatos
O TS conclúe que a antiga CRTVG vulnerou "o dereito fundamental á liberdade sindical" da CUT por non cumprir a negociación que fixa o convenio colectivo para elixir as persoas que deciden nos procesos de ampliación de listas de contratación. A sentenza "declara a nulidade dos actos da Corporación" nestes procesos porque elixiu os tribunais de maneira "unilateral" e ordena indemnizar o sindicato con 7.501 euros