0 Gardados para despois

Foise co vento

O 70% das empresas que explotan os parques eólicos galegos son de fóra de Galicia e case todo o negocio queda en mans de catro grupos que á súa vez están interrelacionados: Entrecanales, ACS-Iberdrola, Enel e Gas Natural-Fenosa. Ademais, os parques eólicos deixan unha escasísima renda no medio rural do país; os propietarios e propietarias dos montes onde se asentan estes parques perciben un 1,4% da facturación total destas instalacións nos seus terreos

Parque eólico na comarca do Ortegal

Os donos dos terreos dos eólicos quedan só co 1,4% da facturación

A facturación total destas instalacións supera os 600 millóns de euros, pero só 9 quedan en mans dos propietarios das terras. Os pagos das compañías enerxéticas oscilan entre os 7.000 e os 1.200 euros por ano e megavatio, segundo un estudo da Universidade de Vigo. No resto do Estado, o rendemento obtido polas parcelas é moito maior. 

Parque eólico

"É agora, na crise, cando a Xunta debe apostar polo sector eólico"

Rosa María Regueiro vén de presentar A propiedade do vento galego, unha obra na que analiza a situación do sector eólico en Galicia, onde cre que segue habendo pouca planificación e un baleiro regulatorio "que non dá seguridade xurídica ás empresas". A profesora critica a "politización" da enerxía procedente do vento nun país que debería seguir sendo unha potencia se fixesen o que fan outros: "adaptar os bos modelos doutros países á nosa realidade".  

  • "No sector eólico galego, privatizáronse as ganancias e socializáronse os problemas"

    Xavier Simón dirixiu a investigación sobre o impacto económico da enerxía eólica en Galicia da Universidade de Vigo. No seu último estudo descobre que os propietarios dos montes onde se asentan os parques perciben tan só o 1,4% da facturación total das empresas. Para o economista, "nin Xunta, nin sindicatos, nin ecoloxistas, nin Universidade estiveron á altura" á hora de informar aos propietarios e colocalos nunha posición de maior fortaleza fronte ás compañías. 

  • O vento galego que non é tan galego

    Case a metade da potencia instalada nos parques eólicos de Galicia está en mans de tres grupos, controlados á súa vez por grandes fondos de investimento de China, Estados Unidos ou Xapón que "acaban por decidir a política enerxética a seguir, á vez que invisten en nucleares,  hidroeléctricas ou construtoras". 

  • O 51% das enerxías renovables de Alemaña están en mans dos cidadáns

    Máis da metade da capacidade eólica de Alemaña está en mans dos propios cidadáns. Unha análise de Paul Gipe, un dos maiores expertos do mundo neste sector, que representa 80.000 millóns de euros en investimentos privados. O agro galego bota man destas cifras para arremeter contra a "campaña de desprestixio" que se propagou tras a adxudicación do concurso eólico do bipartito. 

  • O sector eólico minimiza as promesas de Feijóo e o ministro Soria

    O ministro de Industria, José Manuel Soria, recibiu este luns ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Industria, Javier Guerra. Prometeu estudar a proposta da Xunta para manter "algunhas" primas eólicas. Desde a asociación Ventonoso aseguran que a proposta está "a prezo de mercado" e que as grandes eléctricas optarán por recorrer a Madrid para obter os mesmos megavatios

  • José Antonio Diéguez: "Rebentou a burbulla do eólico"

    Acabáronse as primas para as enerxías renovables de nova instalación. O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, comandado por José Manuel Soria, "estoupa na cara ao sector eólico galego". En 2011 instaláronse cero megavatios en Galicia. As empresas arremeten contra o parón que supuxo a derrogación do concurso eólico do bipartito. "Agora teríase instalado case todo".

  • O TSXG anula a decisión do PP de suspender o concurso eólico

    O tribunal atende o recurso presentado por Aucosa Eólica, á que lle recoñece o dereito a esixir danos e prexuízos, e considera que non había razóns para adoptar esa decisión. Anova e BNG piden a dimisión do conselleiro de Industria polo prexuízo ocasionado a "un sector estratéxico de Galicia" e Compromiso esíxelle a Feijoo "responsabilidades políticas".