Rescate
O sábado 9 de xuño o Eurogrupo decidía o rescate bancario do Reino de España cunha inxección de ata 100.000 millóns de euros. o Goberno de Mariano Rajoy insiste en que non se trata dun rescate ou intervención, senón dunha "liña de crédito" europeo para a banca, dentro dun programa planificado de reformas para a recuperación económica

Feijóo reparte culpas ante a esixencia de investigar xa Novagalicia Banco
O presidente aférrase á esixencia de responsabilidades ao bipartito e ao Goberno de Zapatero mentres o PSdeG lle reclama un "pacto" para que NCG Banco teña o mesmo trato que Bankia e o BNG, a instauración da banca pública galega, nun bronco pleno a conta do rescate

"O Goberno debería asumir que o rescate é froito dun fracaso colectivo"
Xosé Carlos Arias, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, censura "a impericia manifesta" dun Goberno ao que atribúe tamén "un grave problema de comunicación" ante a crise económica. O último episodio, o discurso de Mariano Rajoy tras o rescate financeiro: "Non se pode dar a entender que é como un agasallo; iso si que xera desconfianza".

Feijóo ve máis preto "un futuro propio" para NCG mentres a oposición teima nun banco público
A Xunta e o PP cren que o rescate é "unha magnífica noticia" para Novagalicia e rexeitan a creación dunha entidade pública, unha petición de BNG e EU á que se une agora o PSdeG.
-
O rescate só aplaca os mercados durante media mañá
A prima de risco española supera os 500 puntos mentres a UE e Alemaña botan por terra a versión de Rajoy, constatando que unha troika controlará a aplicación do rescate bancario e o seu impacto no déficit. O PSdeG censura que Feijóo permaneza "desaparecido" e o BNG esixe un referendo.
-
Rescate español: a maquillaxe dunha "operación desesperada"
O Estado, e non directamente os bancos, recibirá un préstamo europeo de cantidade e xuros por definir que repercutirá na débeda pública e no déficit. O economista Xabier Vence amósase convencido de que as finanzas españolas veñen de ser intervidas nunha operación que "pagaremos entre todos"
-
Rajoy atribúese a consecución dunha "liña de crédito" e nega o rescate
O presidente do Goberno de España asegura que foi el "quen presionou" a Europa para que os cartos foráneos cheguen á banca española. Sen as súas "reformas", di, si que habería "intervención"
-
Rajoy acepta o rescate de ata 100.000 millóns para salvar a banca
O Goberno español solicita a asistencia financeira europea despois de que o FMI adiantase o informe no que estimaba que o sector bancario precisaba 40.000 millóns de euros para sanearse. De Guindos asegura que a operación é "extremadamente positiva" e nega que sexa un rescate
-
España podería pedir o rescate esta fin de semana
Así o asegura a axencia Reuters, que cita fontes comunitarias e alemás. Rajoy dixo hai dez días que España non solicitaría rescate ningún e o Goberno négao "rotundamente" tamén agora.