0 Gardados para despois

Avelino Pousa Antelo

Avelino Pousa Antelo tiña 98 anos de idade, case un século de vida dedicado a traballar a prol de Galicia e do galeguismo, cun compromiso político activo que o levou a militar nas Mocidades Galeguistas, primeiro, e a participar na efémera refundación do Partido Galeguista en 1978, e unha actividade moi importantes de fomento do cooperativismo agrario e do desenvolvemento e mellora das explotacións agropecuarias en Galicia. 

Dicíase que Pousa Antelo era un dos últimos representantes da xeración das Mocidades Galeguistas, os máis novos participantes do movemento galeguista previo á guerra civil. Nos últimos meses asistiu ao pasamento de compañeiros e amigos de vello, como Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla ou Isaac Díaz Pardo, do que mesmo asistiu ao seu funeral. Pousa Antelo gardaba, pois, a memoria viva do galeguismo histórico, do Partido Galeguista na Segunda República e da campaña do referendo estatutario de 1936, no que participou activamente.

Alberto Núñez Feijoo visitou a capela ardente

Galicia despediu a Pousa Antelo en Teo

Ao longo do día moitísimas persoas pasaron pola capela ardente instalada na Ramallosa, en Teo, para homenaxear o mestre, agrarista e galeguista barcalés. A xornada completouse cun emotivo acto de homenaxe pechado cun longo e sentido aplauso.

  • De profesión, cooperativista

    O legado de Avelino Pousa Antelo é tan amplo, tanxible e intanxiblemente, que parece realmente complicado resaltar unha faceta súa por riba das demais. Porén, xunto co seu denodado espírito docente, a súa intensa produción xornalística e literaria e o seu carácter galeguista, o Lucho do Peto pasará a historia do país pola súa incansable defensa do cooperativismo agrario. Aí queda a Granxa-escola de Barreiros (Sarria), como proba palpable da súa fe cega na importancia da educación agraria como semente de futuro.

  • O ‘mestre de Galicia’

    A existencia de Avelino Pousa Antelo transcorreu paralela á propia evolución do noso país dende os adolescentes anos 10 do século pasado ata á actualidade. O Lucho do Peto foi testemuña directa e activa do esperanzador galeguismo anterior á Guerra Civil que o alzamento embozou. Nos tempos da  infamia, traballador irredento. Profesor, intelectual, político e, sobre todo, galeguista. Unha reportaxe de Manel González.