Dereito á vivenda

  • Propietarios por herdanza: un milleiro de vivendas pasan aos fillos cada mes en Galicia

    A vivenda está a virar no principal factor de desigualdade económica. Para moitas persoas (nomeadamente para as novas xeracións) resulta cada vez máis difícil acceder a un inmoble en propiedade e só a transmisión interxeracional as converten en propietarios. Pero esta transmisión interxeracional non necesariamente implica unha redución das desigualdades, senón que as amplifica: non todo o mundo herda e hai quen herda unha vivenda e hai que herda varias e, ademais, de moito maior valor

  • A construción de vivenda nova medra un 39% concentrada nunha decena de concellos

    En 2025 visáronse 4.839 vivendas de nova planta en Galicia, un 39% máis que o ano anterior. Con todo, a cifra está moi lonxe dos niveis previos á crise da Gran Recesión, cando chegou a superar as 40.000 vivendas novas. O 73% das novas vivendas construídas en Galicia concéntranse en dez concellos: A Coruña, Pontevedra, Sanxenxo, Vigo, Oleiros, Lugo, Vilagarcía, Ames, Ferrol e Carballo.