Preséntase o comité de folga da Coruña para "dar apoio" á convocatoria do 11N
No comité municipal de folga participan sindicatos, colectivos de vivenda, entidades xuvenís e outras asociacións de todo tipo. No acto presentáronse dúas ferramentas de difusión e organización: a páxina web do paro xeral e a aplicación Toka.