
Vítimas de Angrois, indignadas polas chanzas de Rajoy co tren: "Hai que ter pouca vergoña"
"Connosco os trens funcionaban", gabouse quen era presidente do Goberno de España cando aconteceu o accidente do Alvia, cuxo goberno manobrou en múltiplas instancias na defensa da verdade oficial desmontada pola primeira sentenza xudicial do caso. "Durante o seu goberno ocorreu o accidente de tren máis grave da historia da democracia" e "trece meses antes, Adif desconectou o sistema de seguridade que o evitaría", lamenta a Plataforma Víctimas Alvia 04155. "Non teñen vergoña nin corazón", afea Ana Pontón sobre as palabras do ex-líder do PP