BNG e PSdeG coinciden en que as remudas en Medio Rural confirman o "desastre" da xestión dos incendios
Nacionalistas e socialistas apuntan ás responsabilidades políticas da conselleira e o propio presidente Rueda
Nacionalistas e socialistas apuntan ás responsabilidades políticas da conselleira e o propio presidente Rueda
Máis de 30.000 hectáreas ardidas nun só incendio na provincia de Ourense o pasado agosto son o principal expoñente dos meirandes incendios documentados no noso país. As medicións dos satélites do programa Copernicus elevan ata preto de 150.000 un balance que queda nunhas 120.000 segundo a Consellería do Medio Rural, na que veñen de cesar os directivos con responsabilidades en materia de incendios e forestal
O Goberno galego cambia as secretarías ou direccións xerais de Medio Rural, incendios, ordenación forestal, pesca, deporte ou modernización tecnolóxica
O GDR Pontevedra - Morrazo lanza unha campaña para, partindo da "evidencia científica" sobre "planificación forestal e adaptación ao cambio climático", advertir de que a política contra incendios "non pode fundamentarse unicamente nos medios de extinción". "Investir en resiliencia paisaxística reduce a dependencia de medidas de extinción caras e temporais, multiplica beneficios ambientais e socioeconómicos e recupera o vínculo co rural"
Case un milleiro de traballadores do persoal do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios (SPIF) pasan á lista do paro desde este luns malia que insisten en poder traballar todo o ano e colaborar en labores de restauración e prevención nos montes. Volvéronse mobilizar ante San Caetano pedindo un servizo "100% público" e emprego os doce meses.
O incendio que en agosto arrasou o espazo protexido de Pena Trevinca afectou á mina existente en Casaio (Carballeda de Valdeorras). A Asociación Científica Sputnik Labrego, en colaboración co Albergue Eco dos Teixos e a Comunidade de Montes de Casaio e Lardeira, chaman a recadar fondos para protexer as instalacións que na Segunda Guerra Mundial explotaron os nazis.