0 Gardados para despois

Orzamentos 2015

Detalle dos Orzamentos da Presidencia e a Vicepresidencia para 2015, co espazo do número de asesores en branco

Os soldos públicos inmunes á transparencia en Galicia

A Xunta segue evitando publicar os salarios de todo o seu persoal asesor aínda que é obrigatorio dende o ano 2006. O PSdeG introduce unha emenda nos Orzamentos de 2015 para tentar conseguir os datos e AGE insta a publicar tamén os salarios do Consello de Administración da CRTVG, igualmente descoñecidos.

  • A Xunta amplía o fiasco da TDT cunha prórroga de dous anos para empresas incumpridoras

    O Goberno galego inclúe nos Orzamentos de 2015 unha ampliación do prazo para que as compañías que obtiveron as licenzas de televisión privada local e autonómica cumpran os seus compromisos de investimento, programación e emprego. Das dúas autonómicas unha pechou e outra emite por baixo dos compromisos, das locais só están operativas 8 das 48 concedidas.

  • O novo recorte orzamentario golpea un sector cultural en crise

    O orzamento cultural da Xunta acumula un descenso do 60% dende o 2009. Neste tempo o sector perdeu en Galicia ao redor dun terzo dos seus traballadores e traballadoras, nunha crise que afecta a todos os ámbitos, dende o libro ás artes escénicas.

  • A Xunta coa nos Orzamentos a autorización para abrir novos casinos

    O Goberno inclúe na lei de acompañamento das contas para 2015 unha reforma da normativa de xogo e apostas para que os novos casinos teñan a consideración de "sala adicional" dos xa existentes. O Executivo abre así a porta á apertura dunha destas instalacións en Vigo, que o casino da Toxa reclama dende hai anos.

  • Feijóo retirou xa o 60% do orzamento para lingua e cultura

    As partidas lingüísticas e culturais do Goberno galego pasaron de superar os 150 millóns de euros en 2009 a ficar por baixo dos 65 no vindeiro 2015. A promoción do idioma perdeu o 70% dos seus fondos co actual Executivo, que volve salvar dos recortes a Fundación Cela, rescatada en 2012.

  • A Xunta deixa fóra a Sanidade do leve incremento dos Orzamentos

    O departamento sanitario do Goberno galego perde uns 4 millóns de euros nas contas públicas de 2015, que soben un chisco os fondos para servizos sociais pero volven reducilos para normalización lingüística e cultura. Os cartos da débeda redúcense levemente, pero aínda pesan máis que a maioría das consellerías.