A Operación Zeta regresa coa declaración do empresario que sinalou a Feijóo
Gerardo Crespo, presunto líder da trama, di ser "totalmente inocente" e ataca o sumario xudicial por "tendencioso" e "de parte". O que fora líder veciñal coruñés insistiu sempre nos seus vínculos co PPdeG e situou o 'conseguidor' De Lucas no "círculo íntimo" do presidente da Xunta.