O BNG pide que o 1% do orzamento da Xunta se dedique a combater a violencia machista
Representantes da xudicatura, dos CIM e dos colectivos feministas participaron na xornada Avanzando contra a violencia machista, organizada pola formación nacionalista. A fiscal encargada deste ámbito en Compostela pide medidas para reducir as dificultades das vítimas para probar agresións