Contra a violencia machista
"A Consellería impídenos secundar campañas contra a violencia de xénero que non sexan a da Xunta"
Unha traballadora do centro de día para maiores de Ribadeo diríxese por carta á conselleira de Política Social para lamentar que "nos impidan participar en campañas que non sexan a da Xunta" polo 25N e advertir que o considera "unha imposición irracional e de tintes políticos". Política Social asegura que non "prohibiu" secundar outras campañas e que só "lembrou" cal era a "oficial" da Xunta
Marta Rodríguez: "Dinlles 'aguanta polos fillos', pero precisamente polos fillos non se pode aguantar"
ENTREVISTA | A asociación lucense Si, hai saída é unha das catro entidades galegas recoñecidas este ano cos premios Meninas contra a violencia machista. Falamos coa súa presidenta, Marta Rodríguez Engroba
Paula Ríos: "O feminismo ten que seguir na rúa, esixindo aquilo que non se cumpre"
ENTREVISTA | Este é o primeiro 25N despois das históricas mobilizacións do pasado 8 de marzo. Falamos con Paula Ríos (Plataforma Feminista Galega) sobre a situación na que se atopan as demandas do movemento de cara á loita contra a violencia machista.
Raquel Doval: "Hai mulleres que cando van denunciar, ao final bótanse para atrás ao non verse ben atendidas"
ENTREVISTA | A Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos leva 20 anos traballando en Vigo na prevención e asistencia ás mulleres que sofren agresións machistas, acompañándoas en todo o proceso de denuncia e nas posteriores etapas xudiciais. Falamos coa súa coordinadora, Raquel Doval.
Paz Filgueira: "Nas grandes cidades hai carencias, pero no resto de Galicia o trato ás vítimas é moito peor"
ENTREVISTA | Paz Filgueira foi durante anos a titular do xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo. Feminista, falamos con ela sobre as eivas que aínda existen na lexislación e no sistema xudicial á hora de enfrontarse ás agresións machistas
A violencia de xénero en 8 gráficos
DATOS | 58 mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas en 15 anos, 17 denuncias diarias por violencia de xénero, 10 chamadas diarias ao 016, case dous mil homes galegos vixiados pola Policía pola existencia de "riscos" concretos de que agredan a unha muller. Son as cifras das agresións machistas no noso país
Marcela Lagarde: "O feminismo é unha filosofía crítica universal que formula todos os temas"
A antropóloga feminista Marcela Lagarde contou en Compostela como acuñou o concepto "feminicidio" e reivindicou unha política "global" contra as violencias de xénero
O feminismo volve ás rúas polo 25N e esixe unha acción tallante contra o machismo
AXENDA | O domingo están convocadas manifestacións contra a violencia machista nas sete cidades galegas e mais algunhas vilas. Xa este venres e sábado celébranse concentracións ante os concellos, palestras e performances, como a marcha silenciosa non-mixta convocada en Vigo. 102 localidades apoian este ano a campaña En negro contra as violencias machistas
Feijóo retruca con prazas de gardería a preguntas sobre igualdade ás portas do 25-N
En Marea e BNG piden maior compromiso da Xunta e o presidente asegura que “non hai ningún goberno máis progresista coas mulleres e a conciliación laboral que este”
Un terzo dos concellos galegos asinan a campaña 'En negro contra as violencias machistas'
A campaña, que tamén segundan as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, implica "fomentar a sensibilización cidadá contra as violencias machistas" en cada concello adherido
'Invisibles': a cara máis “útil do teatro” fronte ao maltrato e o silencio
Redrum Teatro, en coprodución co CDG e o Concello de Pontevedra, estreará o vindeiro xoves 15 de novembro 'Invisibles', adaptación escénica do libro de Montse Fajardo no que se recollen sete relatos reais de vítimas do maltrato. Praza.gal entra nos ensaios da montaxe.