Desconvocado o paro previsto na CRTVG este 28M ante uns servizos mínimos "abusivos": "A dirección quixo rebentar a folga"
O comité decide desconvocar o paro na xornada electoral do domingo ante a imposición duns servizos mínimos "inéditos e tan desproporcionados que impiden na práctica o exercicio do dereito á folga da maioría do persoal". A representación laboral considera "désposta" a actitude da empresa, que di que "agrava aínda máis a política de abusos denunciada".