- Reportaxe Escola pública
- Acontece
As familias rebélanse contra a educación dixital: “Non ensina nada novo, é un pdf na pantalla”
Está na orde do día das últimas reunións de multitude de Anpas galegas e circulan vía online e presencial formularios para sumarse ao movemento. O obxectivo, eliminar o programa E-Dixgal dos seus centros educativos. Ante esta rebelión espontánea que agromou, na Confederación de Anpas galegas piden calma e preparan unha xornada con persoas expertas que poidan avaliar o programa educativo da Xunta e, en consecuencia, postularse a favor ou na contra.