O xuízo do Prestige
A Xustiza absolve o Estado e o capitán da catástrofe do Prestige
López-Sors, Mangouras e o xefe de máquinas, absoltos do delito medioambiental nunha sentenza que defende o afastamento do buque, "aceptable e non imprudente", e a xestión do Executivo, que cualifica de "profesional e correcta". O xuízo sáldase cunha mínima pena para o capitán.
Chega a sentenza "eivada" do Prestige
Este mércores, xusto once anos despois da catástrofe, lerase un ditame que "nace restrinxido de partida", segundo Nunca Máis, que considera que "a Xustiza non estivo á altura da sociedade" pero que cre que a condena de López-Sors terían unha "dimensión política" importante.
A marea que trouxo de volta a Feijóo
A inminente lectura da sentenza do Prestige devolve á actualidade un dos episodios máis convulsos da política galega dos últimos anos, que supuxo a entrada do actual presidente no Goberno de Manuel Fraga.
"A sentenza do Prestige non terá validez internacional ningunha"
Michel Girin, ex director do Cedre e colaborador na xestión da catástrofe marítima, fai balance daquel desastre medioambiental a poucos días de que se faga público o ditame do xuízo no que tamén compareceu.
A sentenza do Prestige que chega once anos despois da catástrofe
O tribunal determinará se os tres imputados son condenados, aínda que ningún deles acabará na cadea, e quen pagará as indemnizacións. A condena ao Estado só recaería na figura de López-Sors, ante a ausencia de altos responsables políticos no banco dos acusados.
O chapapote do Prestige segue chegando ás praias dez anos despois do naufraxio
A análise de milleiros de galletas de fuel chegadas á costa galega amosa que proceden do petroleiro afundido no 2002
O avogado de Mangouras dubida que España lle garanta "un xuízo xusto"
Solicita a suspensión parcial do xuízo e pregúntase se o Estado será imparcial logo de que as autoridades cualificasen o capitán do Prestige de "pirata" ás poucas horas da catástrofe.
Os paraugas de Nunca Máis volven abrir para berrar "contra a impunidade"
Unhas 400 persoas concéntranse na apertura do xuízo pola catástrofe e advirten de que "outro Prestige é posible" logo de criticar "as eivas en materia de seguranza marítima" que segue sufrindo Galicia. "Os responsables políticos non están sentado no banco dos acusados", lamentan.
Os responsables políticos do Prestige, 'premiados' con máis e mellores cargos
Nunca Máis e Greenpeace denuncian que ningún deles sentará no banco dos acusados no xuízo. Arias Cañete volve ser ministro, Fernández de Mesa é director xeral da Garda Civil e Álvarez Cascos foi presidente de Asturias. Mariano Rajoy era daquela vicepresidente e encargado de coordinar a xestión da crise.
Comeza o xuízo do Prestige que chega dez anos tarde
A vista comeza este martes na Coruña. O fiscal só pide penas de cárcere para o capitán do petroleiro, Mangouras, que declarará o 13 de novembro, xusto dez anos despois do comezo da catástrofe. A acusación particular solicita cadea para todos os imputados.
"O Goberno español e a Xunta aínda non aprenderon a lección do Prestige"
A plataforma Nunca Máis fai balance dez anos despois da catástrofe e, malia os avances nas políticas de seguranza e salvamento, destaca nun informe que os retrocesos e as eivas son aínda maiores.