Miguel Pardo

Miguel Pardo

Entre A Coruña e o Ortegal. Antes en La Opinión, Depor Sport, L-V ou Xornal de Galicia. Co-autor de La imagen del mundo árabe y musulmán en la prensa española (2010, Fundación Tres Culturas)

  • Vilalba, o epicentro do derbi

    Vilalba, na Terra Cha, é a sede das dúas peñas decanas do Deportivo e do Celta. Os presidentes de ambas as dúas agrupacións, amigos e compañeiros, reúnense para falar do derbi, dan exemplo dunha rivalidade ben entendida e soñan "cunha festa conxunta" para celebrar o ascenso dos dous equipos. Renegan da violencia e dos "energúmenos" e reclaman aos políticos e aos clubs "que se impliquen para fomentar a concordia e non o contrario". 

  • "Non lle vexo solución á violencia no derbi galego"

    Vicente Celeiro (Vilalba, 1962) recoñécese “un caso atípico” ao non poder elixir entre o branquiazul e o celeste. Ex xogador do Deportivo e do Celta nos anos 80, declárase afeccionado dos dous grandes galegos, pero vive a rivalidade na súa propia casa. O seu fillo maior, coruñés, é "celtarra de todo", o pequeno, vigués, é un orgulloso deportivista. 

  • "Queren unha sanidade para os ricos e outra para o resto"

    O ministro de Economía, Luis de Guindos, puxo en cuestión a gratuidade do sistema sanitario ao propoñer o pago dos seus servizos ás rendas máis altas. Foi pouco antes de que o Goberno anunciase un recorte de 10.000 millóns en sanidade e en educación. A Plataforma SOS Sanidade Pública, así como PSdeG e BNG, ven nas súas palabras "un globo sonda" que pretende "preparar a opinión pública para introducir o copago" e incluso o PPdeG se desmarca ao aclarar que en Galicia está asegurada "a blindaxe da universalidade sanitaria"

  • “Nos Xogos, a miña medalla vale o mesmo que a de Nadal”

    José Antonio Hermida (Puigcerdá, 1978) é outra das bazas galegas para Londres 2012. “Falo galego e meus pais son galegos”, xustifica este ciclista de montaña nado e criado en Cataluña. Campión europeo e do mundo de campo a través en varias ocasións, a última en 2010, xa coñece o que é a gloria olímpica logo de obter a medalla de prata en Atenas hai oito anos. Agora, afronta os seus cuartos Xogos Olímpicos co obxectivo de poñer un broche de ouro á súa prolífica carreira e celebrar de novo un triunfo simulando un pistoleiro. De aí lle vén o alcume a Pepiño Pistolas, que responde á entrevista en galego, pero que podería elixir. Fala seis idiomas.

  • "Son os Orzamentos que nos levan cara á depresión"

    O Goberno presenta uns Orzamentos nos que o pago dos intereses da débeda pública supón o 13,4% do gasto e algo máis de todo o recorte previsto nas contas. O Executivo reduce notablemente as partidas para investimento en I+D e infraestruturas e mete a tesoira sobre todo en gasto social, que se reduce nun 4,3%. Os expertos cren que "afondarán na recesión". "Priman os intereses dun sector económico moi pequeno pero que pesa moito", di Xavier Vence. 

  • A indignación bérrase no Eume e en toda Galicia

    Unhas 800 persoas concentráronse este luns diante do Concello de Pontedeume para conformar a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume e en en protesta pola xestión do incendio que arrasou unha parte deste bosque atlántico. Nas sete cidades galegas e en moitas vilas tamén houbo concentracións, nas que se demandou unha nova xestión forestal e dimisións políticas. Galería no interior