0 Gardados para despois

CÓMIC DESCARGABLE | 'O báculo de Daghdha', unha aventura entre Galicia en Portugal

Redacción | @prazapublica

Documentos relacionados

Praza.gal, xunto a outros medios de comunicación galegos, distribúe de xeito gratuíto e en versións en galego RAG e portugués, un cómic de aventuras para a rapazada, O báculo de Daghdha, editado polo Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal. A iniciativa enmárcase no obxectivo da asociación transfronteiriza de acadar un maior coñecemento e relacións entre a cidadanía dos dous lados da fronteira, neste caso dos máis novos, a través dunha historia que se inicia en Lisboa e percorre o camiño portugués a Santiago dando a coñecer as cidades polas que pasan os seus protagonistas.

Praza.gal distribúe O báculo de Daghdha, a banda deseñada editada polo Eixo Atlántico para potenciar o coñecemento mutuo da rapazada galega portuguesa

O autor do cómic é o debuxante Norberto Fernández (Vigo, 1967), que ademais de publicar en diversos medios de comunicación galegos participou en revistas do sector como El Víbora ou Golfiño e ten varias obras en publicadas por Dolmen Editorial.  Tamén ten traballos como entintador e portadista nos Estados Unidos, entre outros para Marvel Comics.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.