David Lombao

Unha ducia de blogs de Praza máis populares do 2014

O Obradoiro é o espazo no que as blogueiras e blogueiros fan que esta Praza sexa aínda un chisco máis pública. Dende a familia ao medio ambiente, dende a lusofonía ao cinema, os deportes ou a análise internacional, son unha fiestra aberta cada día do ano. Estes foron os que máis visitastes durante o pasado 2014.

  1. 01

    Se o vello Sinbad tivese fillos

    A "terapia de grupo sobre todas esas pequenas cousas de pequenos que fan que pais e nais nunca deixemos de ser bolseiros" foi o blog do Obradoiro de Praza que máis visitastes durante o ano que vén de rematar. Atentas e atentos á súa evolución, porque a familia está a se ampliar!

  2. 02

    Lusoafonia

    A Associaçom Galega da Língua achega as "notícias da voz que nos faltava" a través do noso blog sobre a lusofonía. Na súa última entrada analizan a despedida de ano portugalega que realizou a TVG o pasado 31 de decembro.

  3. 03

    Un claro no bosque

    O espazo do Obradoiro dedicado ao ecoloxismo social e á biodiversidade foi o terceiro blog máis visitado do 2014 en Praza. Nestes días lémbrannos as principais novas ambientais que nos deixou no país o ano que vén de rematar.

  4. 04

    Cinema na Praza

    O cinema foi outro dos vosos principais intereses no noso Obradoiro durante 2014. Aínda está de plena actualidade a súa análise d'Os fenómenos, de Alfonso Zarauza

  5. 05

    O misántropo namorado

    Cultura e artes en Praza. Abondosa diversidade nunha análise cultural que foxe da compracencia. Na súa última entrada Miguel Calvo amósanos dez discos "que nunca deberon ver a luz".

  6. 07

    Praza Catalunya

    Política, artes, vida catalá con ligazóns galegas e vida galega en Catalunya. E butifarra.

  7. 08

    O galiñeiro

    Unha vista privilexiada e diversa do panorama teatral, tamén entre os vosos preferidos do ano.

  8. 09

    Diario de Palestina

    As novas de Palestina chégannos a Praza a través deste diario, especialmente activo durante 2014 por mor dos ataques israelís a Gaza.

  9. 10

    Feminismos e LGTBIQ

    O sociólogo feminista Ángel Amaro ofrécenos amplas análises sobre o xénero e a diversidade afectivo-sexual.