Unha ducia de paisaxes que mudaron por completo
Moito cambiou Galicia nas últimas seis décadas. Cambiou a súa sociedade, a súa economía e, en paralelo, o seu territorio e a súa paisaxe. As imaxes tiradas en 1956 e 1957 polo voo americano permítennos hoxe comparar o aspecto que presentaban daquela as cidades e vilas do noso país e o que presentan hoxe. Cambios para ben ou para mal? Que cadaquén xulgue, en cada caso.
-
-
-
03
Santiago de Compostela
Pouco había en Compostela dende a Alameda e a Praza de Galicia cara o sur. Agras que nos anos sesenta e setenta se converteron no Ensanche da cidade. O Hórreo ou Rosalía de Castro eran, esencialmente, camiños de entrada e saída da urbe, que daquela tiña ao redor de 55 mil habitantes.
-
-
-
06
Ferrol
Probade a buscar Caranza na imaxe de 1956. Ou mirade a estrutura tradicional de Esteiro (a maior parte do barrio foi derrubando nos anos 80). Comparando as dúas imaxes pódese observar igualmente a importancia dos recheos sobre a ría, a creación dos barrios de Ultramar e Telleiras, ou do polígono da Gándara.
-
-
-
-
-
11
Lagoa de Antela
Fóra das cidades e das vilas Galicia tamén cambiou notablemente. Un dos lugares que sufriu unha modificación máis espectacular foi a hoxe desaparecida Lagoa de Antela, entre Xinzo e Sandiás, desecada a partir do ano 1958.
-
-
-
-