Marcos Pérez Pena

Unha ducia de mapas históricos de Galicia

Dende hai uns días pódese consultar no visor de mapas do Instituto de Estudos do Territorio a Carta Xeométrica de Galicia elaborada por Domingo Fontán entre 1817 e 1834. Podemos, pois, movernos ao longo do territorio a través do primeiro mapa realizado con medicións matemáticas. Nos últimos tempos facilitouse moito o acceso a este tipo de planos históricos, descargables algúns dende a web da USC ou consultables noutros repositorios públicos. Estes son algúns deses mapas para viaxar atrás no tempo.

  1. 01

    O mapa de Fontán

    Hai que comezar polo Mapa de Fontán, a Carta Xeométrica de Galicia realizada por Domingo Fontán entre 1817 e 1834, 17 anos nos que Fontán percorreu a pé e a cabalo todo o país para finalmente completar o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en calquera dos territorios de España con métodos científicos e medicións matemáticas. O plano recolle todos os accidentes xeográficos importantes (e mesmo as catro mil igrexas existentes nese momento), acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. A pesar de que Fontán lle entregou o mapa á raíña María Cristina en 1834, este non se imprimiu ata once anos despois. Quen queira coñecer máis detalles sobre este erudito pode ler a fenomenal novela de Marcos Calveiro, Fontán.

  2. 03

    Mapa de estradas e camiños da provincia da Coruña (1897)

    Na web da USC atopamos tamén un Mapa de estradas e camiños da provincia da Coruña de 1897, realizado por Pedro Cruz. O plano recolle con moito detalle "las carreteras del estado y provinciales y caminos vecinales subvencionados"

  3. 04

    Mapas moito máis antigos

    Nunca foron atopados mapas realizados polo xeógrafo grego Claudio Ptolomeo, pero si conservamos a súa Geographia, contén moreas de referencias (e mesmo coordenadas) de distintos territorios de Europa, Norte de África e Oriente Próximo. Cando a obra foi recuperada, no século XIV, varios cartógrafos realizaron mapas baseándose nas súas observacións, como este de 1467.

    Un pouco máis adiante atopamos mapas como este, realizado por Bertius en 1616.

    Ou este, de Gerard Mercator, de 1619.

  4. 05

    Outros mapas anteriores ao de Fontán

    F Fer Ojea (1639), A Barbey (1696), F. de Wit (1725), Robert de Vaugondy (1752), Tomás López (1784), Juan López (1816) ou Alejo Donnet (1831) tamén nos entregaron os seus mapas de Galicia, cada vez máis elaborados e exactos, pero moi lonxe da precisión acadada por Fontán en 1834 e cunha metodoloxía moito menos elaborada e científica.

  5. 06

    Planos de Vigo

    Hai tamén mapas parciais, que representan ás diferentes dioceses e provincias, e tamén ás distintas cidades, mesmo en épocas nas que estaban aínda lonxe de ser consideradas claramente unha urbe. En Vigo, por exemplo, como podemos ver neste repositorio da Universidade da Coruña, podemos viaxar dende o pequeno asentamento que existía a finais do século XVI...

    ...á aínda pequena vila de 1856...

    ... ata a crecente cidade de comezos do século XX (1908).

  6. 07

    Mapas da Coruña

    Podemos ver tamén a evolución da cidade da Coruña, dende a carta de Pedro Teixeira de 1634

     

     

    Ata o mapa de Francisco Montaigú (1726) 

     

     

    Ou este detallado plano do centro da localidade en 1880

     

  7. 08

    Así era Compostela

    Así era Compostela, neste plano de 1797 obra de López Freire

     

     

    E así a recolleu José Filgueira en 1932

     

  8. 09

    Lugo a través do tempo

    Así recolleron en 1810 Andrés Menchaca e Saturnino Castillo as rúas de Lugo 

     

     

    E este é o mapa de Seguí de 1910, cen anos máis tarde.

     

  9. 10

    Ourense, hai 150 anos

    Francisco Coello trazou este mapa da cidade de Ourense en 1856

     

     

    E en 1904 Benito Chias publicou estoutro plano, no que se pode aprezar o crecemento da cidade

     

  10. 11

    Ferrol: o omnipresente Arsenal

    Na base de datos da UDC atopamos este fermoso mapa da Ría de Ferrol correspondente a 1639

     

     

    A construción do Arsenal, un século despois, cambiou totalmente a fisonomía de Ferrol, converténdoa nunha cidade, como se pode ver neste mapa de 1767

     

     

    En 1865 Francisco Coello trazou deste xeito o aspecto que nese momento presentaba a urbe naval

     

  11. 12

    Pontevedra en 1856

    Así era Pontevedra en 1856 segundo Francisco Coello

     

    E así crecera en 1919, no mapa de Benito Chias e Carbó

     

  12. 13

    Proxecto da Alameda de Santiago

    Outro mapa que representa un espazo moi concreto e reducido é este (descargable na web da USC) que recolle o proxecto da Alameda de Santiago de Compostela, realizado por Blas Galiano en 1831

  13. 14

    As imaxes do 'voo americano'

    No xa citado visor do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta podemos movernos polo territorio, superpoñendo distintas capas de información, empregando o Mapa de Fontán, pero tamén outras imaxes, planos e fotografías realizadas por satélites e avións, correspondentes a épocas ben distintas. Entre elas están as procedentes do voo americano de 1956 e 1957. Os 60 mil fotogramas realizados polo servizo cartográfico do exército dos Estados Unidos foron dixitalizados en 2011 e permiten explorar con exactitude como era Galicia hai 60 anos (e como cambiou).