A Xunta cédelle ao Concello de Santiago, por solicitude deste, o busto do xeneral uruguaio José Artigas, que o goberno uruguaio lle regalou ao Goberno galego no ano 2004, con Fraga como presidente. Actualmente o busto está exposto en San Caetano.
Fálase
O Parlamento galego e o Congreso dos Deputados debaten hoxe senllas propostas do BNG nas que se reclama un cambio legal para reverter a quita das preferentes. A información, hoxe en Praza.
Pescanova inflou o seu patrimonio en máis de 650 millóns e ocultou perdas, segundo conta El Economista.
O sociólogo Carlos Neira analiza a proposta de reforma electoral do PP, pola que un voto en Lugo pasaría a valer 2,3 veces máis ca un da Coruña. Neira conclúe: "con esta reforma Feijoo dará un golpe de Estado en Galicia. Mudará as regras do xogo electoral ao seu favor e en detrimento do sentido democrático do principio de unha persoa, un voto".
As protestas ante o novo regulamento de uso das instalacións municipais obrigaron a suspender o pleno municipal de Vilagarcía. A oposición ao completo abandonou o salón para sumarse ao acto reivindicativo dos asistentes, que tocaron o himno galego ás portas do Concello
Os preferentistas de Bankia poden perder até o 70% dos seus aforrro tras a súa caída en Bolsa
Aznar reaparece no Congreso, onde non o acompañou ningún ministro do Goberno, e insiste na crítica velada contra Rajoy: "Eu non estou contra ninguén. Estou cos españois".
A UE abre a vía para enviar armas aos rebeldes sirios. Os ministros de Exteriores acordan permitir os envíos cando haxa garantías "de que os destinatarios son rebeldes moderados".
As encargas de Petróleos de Venezuela manterán os estaleiros portugueses de Viana do Castelo, próximos a Galicia, traballando ao 70% da súa capacidade ata 2015. Recólleo Público.
En menos de media hora comezan as primeiras das oito concentracións convocadas polo BNG "na defensa do aborto libre e gratuíto".