O deputado do PP Miguel Tellado sentenza no Parlamento que "os que critican as corridas de touros por crueis non son quen de condear o terrorismo". Tellado formulaba unha pregunta sobre a viaxe do conselleiro de Industria a México.
Fálase
A conselleira do Mar defende no Parlamento que os antidisturbios "tamén son traballadores e merecen todo o respecto". Faino en resposta a Juan Fajardo (AGE), que pide explicacións pola actuación policial para colaborar no desmantelamento da factoría de conservas Cuca en Vilaxoán.
O Grândola Vila Morena regresa ao Parlamento portugués. O discurso do primeiro ministro foi novamente interrompido por un grupo de persoas a cantar este himno.
O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, de Compromiso por Galicia, acusa Cristóbal Montoro, de “querer converter os concellos galegos en sucursais sen a máis mínima capacidade de decisión e autonomía”
Baltasar Garzón anuncia que non se fará cargo da defensa do extraballador da Axencia Nacional de Seguridade estadounidense Edward Snowden.
Joan Herrera propón unha “plataforma de esquerdas e ecoloxista” para as eleccións europeas ante o pacto PP-PSOE.
BNG e EU chegan a un pacto de gobernabilidade para Mugardos. O PSdeG-PSOE finalmente non entra no acordo.
O Banco de España apunta a unha leve mellora económica no segundo trimestre do ano. Cualifícaa de "alivio na tónica contractiva".
A empresa que fichou o ex conselleiro de Sanidade de Madrid, Manuel Lamela, consegue o mantemento do Hospital de Getafe
Urdangarin, cazado nun casino de Londres xogando milleiros de euros á ruleta, segundo publica El Confidencial