O Supremo arquiva a causa aberta a José Blanco polo caso Campeón. Adiántao a SER.
Fálase
Feijóo atribúe o atraso nos contratos de Pemex á espera pola resolución do tax lease. A petroleira estaba "pendente" do ditame da Comisión Europea, segundo vén de afirmar o presidente da Xunta tras o Consello. Máis información, nuns minutos en Praza.
O BNG denuncia que o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, pechou cun "Pues que les aproveche” unha resposta escrita a unha pregunta dos nacionalistas para coñecer por que motivo se mantén encendido o alumeado público en distintas rúas cidade durante o día. “Sabemos que continuarán utilizando este argumento demagógico para seguir desgastando al Gobierno municipal. Pues que les aproveche”, di a resposta oficial do rexedor popular.
Almunia di sentir "vergonza" de "como se xoga co medo da xente" no tema do tax lease. Insiste en que a decisión da Comisión "non se dirixe contra o naval", mentres o Goberno central prepara xa un recurso.
Colectivos do 15-M convocan concentracións fronte ás sedes do PP este xoves para esixir a dimisión do Goberno. Na Coruña o acto consistirá nunha chourizada ante a sede dos populares.
Vigo declarará a Joaquín Almunia persoa non grata. Abel Caballero sinala que nunca ninguén "lle produciu un dano" a Vigo coma o comisario de Competencia.
O presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos, pagou cotas de militante do PP cando menos entre 2008 e 2011. A Constitución prohíbelles a xuíces e maxistrados pertencer a partidos políticos e esíxelles “total independencia”
O TSXG admite que se poderían superar as 10.000 demandas por preferentes en setembro. A 15 de xullo xa se presentaran 2.160.
O economista David Peón analiza no seu blog as optimistas declaracións que dende distintos ámbitos veñen celebrando nos últimos días a fin da recesión económica: "España non estaba en recesión; estaba e estamos en depresión económica. E unha depresión non verá o seu fin polo simple aspecto técnico de experimentarmos un trimestre sen caída do PIB".
Sousa presenta a súa dimisión ao consello de Pescanova, segundo adianta Faro de Vigo.