Ocupan o antigo local de Cantigas e Agarimos en Compostela para convertelo nun centro social autoxestionado. "Decidimos reabrir este espazo para o enchelo de vida e de cultura, porque cremos que a cultura non debe permanecer fechada", din os impulsores.
Fálase
O Parlamento Europeo aproba a iniciativa Connected Continent, impulsada por Neelie Kroes, que busca garantir a neutralidade na rede, evitando a discriminación positiva ou negativa de certos paquetes de datos independentemente da súa orixe ou destino. Ademais, a norma tamén eliminará os cargos extra polo roaming a partir de 2016.
Dúas persoas morreron nas últimas horas en Catalunya, unha en Barcelona e outra en Salou, tras ser inmobilizados polos Mossos d'Esquadra. Os axentes implicados declararon xa ante Asuntos Internos
Un grupo estudantil de extrema dereita reventa un acto de vítimas do franquismo organizado pola coordinadora de apoio á querela arxentina
A ministra de Sanidade admite casos de malnutrición infantil en España pero desvincúlaos de factores económicos. A pasada semana Feijóo considerou un "insulto" suxerir a existencia destes casos en Galicia e desdeñou os datos de pobreza infantil expostos por Cáritas.
Inspectores de Renfe advertiron de que os horarios do Alvia eran excesivamente axustados. Cóntao El País
Francisco Vázquez defende a Rouco Varela, cre que se "esaxeraron" as súas declaracións sobre a guerra civil e denunciou o "anticlericalismo que xorde como novo problema" en España.
Economistas Frente a la Crisis presenta un decálogo de propostas de política económica paraa UE, baixo o título de “Cambiar a política económica para recuperar Europa” e baseadas en recuperar a política económica e poñela ao servizo do progreso e dos cidadáns
Crece o machismo entre os adolescentes, segundo un estudo elaborado pola Universidad Complutense. O informe sinala as novas formas de control, coma as redes sociais ou a mensaxería instantánea, e programa de televisión que promocionan estereotipos machistas
A economista galega Nadia María Calviño Santamaría, designada directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea. Anteriormente foi directora xeral de Defensa da Competencia e adxunta á Dirección Xeral de Mercado Interior