Criticas á Garda Civil por publicar na súa conta oficial un tuit que equipara a violencia machista e os casos de violencia exercidos por mulleres, empregando ademais un cartel falso do Ministerio de Igualdade. Tardou, ademais, en publicar unha rectificación e pedir desculpas
Fálase
Nais e pais do CPI Os Dices de Rois iniciarán o martes 7 de abril un peche no Concello. A pasada semana o 60% das familias non levou os seus fillos e fillas á clase, en protesta pola perda de 50 minutos semanais de docencia para os alumnos de secundaria
O PP veta a convocatoria dun pleno extraordinario no Concello da Coruña sobre os supostos 54 enchufes promovidos polo Goberno local con empresas concesionarias de servizos municipais. Os votos populares botaron abaixo a proposta de EU, que nin sequera se chegou a discutir. De igual xeito, tamén impediron que chegase ao pleno unha moción do BNG para revisar os acordos do Goberno de Francisco Vázquez sobre Someso.
Os tres peritos xudiciais que interveñen no proceso polo accidente do Alvia foron citados o 10 de xuño co obxetivo de que ratifiquen os seus informes e se sometan a contradición polas partes persoadas na causa
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey (PSOE), será xulgado por malversación. O rexedor asegura que non dimitirá e estuda concorrer ás eleccións de maio cunha candidatura independente
O Parlamento europeo rexeita incluír transportes coma o ferrocarril na negociación do TTIP. Os votos da esquerda e do centroesquerda botaron abaixo unha proposta conservadora que pedía a incorporación desta materia.
A Xunta terá que entregarlle ao Parlamento o contrato do vídeo de Enrique Iglesias. O PP accedeu a aprobar a iniciativa na que o BNG pedía o documento, se ben os conservadores teiman en que o pagamento de 300.000 euros ten un "retorno millonario" para Galicia.
Compromiso por Galicia abandona Ourense en Común, logo de que se invalidasen as primarias na que o seu candidato fora o elixido. O partido nega a "carretaxe" de votos e asegura que foi a plataforma cidadá "quen chamou á porta de CxG". A formación galeguista decidirá o martes se presenta candidatura propia ás eleccións locais na cidade.
O eurodeputado socialista José Blanco trasládalle á Comisión Europea a necesidade de que o Hospital de Lugo conte co servizo de hemodinámica as 24 horas do día.
A selección catalá de fútbol sala é vetada no Mundial malia clasificarse para competir nel. A Federación bielorrusa, que organiza o campionato, esixiulle por carta á Asociación Mundial de Futsal a retirada de Catalunya e de Taiwan por, segundo informa L'Esportiu, temor a represalias de España e China.