A Xunta comeza a aplicar a lei que permite deixar de publicar os datos de listas de espera cada 3 meses e facelo só cada 6. É a mesma norma que facilita o trasvase de pacientes do Sergas á sanidade privada. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
Louzán insta o BNG a "reflexionar, non ser excluínte, facerse adulto" para pactar co PP na Deputación de Pontevedra. "Nin o PP nin o BNG somos os mesmos que os da transición, hai que actualizarse permanentemente", argumenta o barón provincial dos conservadores para reclamar un acordo que o Bloque xa rexeitou.
#ConsellodaXunta A futbolista Verónica Boquete é unha das galardoadas coa Medalla Castelao 2015. O Consello da Xunta concédellela tamén ao locutor radiofónico Pepe Domingo Castaño, á produtora Vaca Films e á Rede Galega contra a Trata e ao catedrático Carlos Fernández-Novoa.
A mobilización logra frear 48 horas o derrubamento dunha casa familiar en Reza (Ourense), onde director de obra enviado polo Concello renunciou a exercer este labor. O Colexio de Xornalistas denuncia que a Policía Nacional impedise o labor da prensa na zona, o que considera un "ataque frontal á liberdade de información".
O Constitucional pecha as portas ao recurso contra a derruba do edificio Fenosa na Coruña. Rexeita admitir a trámite o recurso de amparo solicitado polo Concello, última fase xudicial á que se podía recorrer.
Veciños de Reza, en Ourense, tratan de impedir a derruba da casa de Rosa Alonso, que foi declarada ilegal por estra construída en "solo non urbanizable ou rústico sen licenza". Varios antidisturbios vixían a zona. Fotografía de @martinhodominho.
A Confederación de Anpas Galegas lamenta a "irresponsabilidade" da Xunta no novo sistema de préstamo parcial de libros de texto, porque non garante libros para todo o alumnado que o precise e introduce unha ampla confusión burocrática. Así funciona o novo modelo
Mona Imai e Alejandro Tobar gañan a XIV edición do Premio Plácido Castro de Tradución. A xaponesa Mona Imai concorreu cunha tradución da novela Botchan, de Natsume Soseki. Alejandro Tobar foi recoñecido pola tradución de O forasteiro misterioso, de Mark Twain,
O candidato da Marea de Noia, Manolo Seijas, denuncia que sufriu un intento de suborno para que a súa formación apoiase a formación dun goberno liderado polo PP. Os votos da Marea facilitarán a chegada do PSdeG-PSOE á alcaldía.
Os reitores das tres universidades galegas esixen unha mellora do financiamento, nas negociacións sobre o plan económico 2016-2020, que están levando a cabo coa Xunta. Pola contra, o Goberno galego baralla conxelar ata o 2020 os seus fondos, uns 390 millóns de euros, cantidade que non aumenta dende 2013. Vigo e Santiago apostan por incrementar o reparto de fondos en función dos resultados, un criterio que A Coruña rexeita.