Dúas homenaxes lembran este mércores a Ánxel Casal no 79º aniversario do seu asasinato. A primeira, organizada polo BNG, celébrase ás 12:30 na rúa do Vilar de Compostela, onde se atopaba a Editorial Nós. A segunda é a homenaxe institucional organizada polo Concello de Teo ás 20:00 en Cacheiras, no lugar do asasinato, na que tamén participarán os alcaldes de Santiago, A Coruña e Arzúa.
Fálase
As bolsas universitarias caeron case un 30% dende a chegada de Rajoy ao Goberno. Cóntao eldiario.es nesta reportaxe.
Rosa Quintana reúnese este mércores con cooperativas agrarias en Curtis, pero en calidade de membro do PP e non como conselleira. O encontro prodúcese tras a reunión do sector leiteiro en Madrid.
O PP impide que a presidenta do Consello de Transparencia compareza no Congreso para explicar os seus orzamentos. Cóntao eldiario.es
A Policía dá por desmantelado o clan de narcos dos 'Peques'. Recólleo La Voz
O Goberno comunícalle aos gandeiros que non intervirá no prezo do leite. A ministra Isabel García Tejerina propúxolle ao sector unha serie de medidas para aliviar a crise, tras a reunión de dúas horas desta tarde. Tejerina confía en ter un acordo nos primeiros días de setembro, antes do consello de ministros extraordinario en Bruselas
Á espera de que compareza a Ministra Tejerina, tras a reunión do sector lácteo, xa transcendeu que o Goberno propón un acordo para a estabilidade do sector que afecta a toda a cadea: distribución, industria e produtores. O que se pretende con esa proposta é que o leite deixe de ser un "produto reclamo", que a industria cubra os custos de produción. Máis info en breve.
A Comisión Europea desbota un prezo mínimo para o leite. Bruxelas admitiu que existe "volatilidade de prezos" no sector lácteo. Subliña que está "ao tanto da situación difícil á que se enfrontan os produtos de diferentes sectores en varios Estados membros" pero descarta introducir un prezo mínimo para o leite, tal e como aprobou o Goberno francés.
O Congreso aproba o apoio ao terceiro rescate a Grecia nunha votación non vinculante. Formacións como o BNG ou IU votaron en contra do plan deseñado pola troika, que foi defendido polo ministro de Economía, Luis de Guindos.
A TVG sinala que Federico García Lorca "faleceu", sen mención a que foi asasinado, e suscita a polémica nas redes sociais