O PP carga contra o goberno de Santiago pola retirada de axudas a antiabortistas. O exalcalde, Agustín Hernández, proclama que Martiño Noriega vai ser o "protagonista do primeiro desafiuzamento" na cidade por deixar de subvencionar estas entidades. Recólleo Europa Press.
Fálase
A división interna de Syriza tras a aceptación do terceiro rescate forza a convocatoria electoral en Grecia. Tsipras anunciará nas vindeiras horas a súa dimisión e a celebración dos comicios para o 20 de setembro. Está a contalo eldiario.es
A poboación galega é a que máis datos móbiles consome na Península, segundo un estudo que recolle Mallando no Android
Xa está en marcha a tractorada na contorna de Vilalba para reclamar "prezos dignos" do leite galego
O terceiro satélite deseñado coa participación da Universidade de Vigo xa está no espazo. GCiencia conta os detalles do lanzamento.
As homenaxes a Ánxel Casal culminaron o serán deste mércores en Teo. A figura do alcalde e editor foi lembrada no lugar do seu asasinato polo alcalde da localidade e polos rexedores de Santiago, A Coruña e Arzúa.
O propietario de Leite Río apela agora ao diálogo e evita criticar a tractorada convocada para este xoves en Vilalba. A comezos de agosto Jesús Lence acusou os gandeiros de convocar estas mobilizacións para "ir de festa".
As mobilizacións do sector leiteiro galego contra os baixos prezos continúan hoxe na Terra Chá. Unha tractorada percorrerá a contorna de Vilalba durante esta mañá.
O Concello de Santiago retíralles as axudas aos grupos antiabortistas aos que o PP outorgara financiamento e axuda municipal. A información, esta tarde en Praza
Rajoy visita as obras do AVE na provincia de Ourense e, tras meses de demoras e incerteza nas obras, asegura que o prazo de remate se mantén en 2018. Durante a súa comparecencia en Celanova o presidente do Goberno central mostrouse satisfeito por visitar a "provincia de Orense" e subliñou que xa fixera o propio "en La Coruña" a pasada semana.