Stop Desafiuzamentos Compostela lamenta que o voceiro do PP local "insulte" as familias afectadas polos desaloxos ao comparalas coas organizacións antiabortistas que deixarán de percibir axudas do Concello. "As vivendas municipais deben estar ao servizo das máis pobres" e non a quen "agrede o dereito das mulleres a decidiren", din nun comunicado.
Fálase
O impulsor da querela arxentina contra o franquismo, o galego Darío Rivas, é recibido no Concello de Lugo. Tras recibir unha homenaxe en Portomarín, o fillo do alcalde de Castro de Rei asasinado polos franquistas foi homenaxeado pola alcaldesa lucense, Lara Méndez, pola súa "dignidade" ao "restituír a dignidade das vítimas".
A Plataforma de Esquerda abandona Syriza e presentarase ás eleccións cunha candidatura de seu. O novo partido chamarase Unidade Popular.
Os homes homosexuais poden comezar a doar sangue en Portugal, aínda que as autoridades sanitarias manteñen un período de suspensión "de seis ou 12 meses após o último contacto sexual ou de seis meses após um novo parceiro sexual". Cóntao o xornal Público.
O sector lácteo galego continúa as súas mobilizacións contra os baixos prezos do leite. Este venres está convocada unha nova tractorada en Ordes.
Leite Río entra en perdas pero asegura que non repercutiu eses malos resultados nos gandeiros. Analízao Economía Digital
Dous anos despois de ser condenado por matar a súa esposa, a Xustiza retíralle a un lucense a patria potestade dos fillos. Cóntao El Progreso
O novo copagamento sobe case un 10% o gasto sanitario das familias nun ano.
O Goberno central ameaza con "multas millonarias" da UE as autonomías que lles están a devolver a sanidade ás persoas migrantes. Recólleo eldiario.es
No que vai de verán choveu en Galicia un 66% menos que no mesmo período do pasado ano, segundo recolle este venres La Voz