A Comisión Europea di que España non cumprirá o obxectivo de déficit nin en 2015 nin en 2016.
Fálase
O Concello da Coruña esixirá ás instancias xurídicas o esclarecemento do asasinato de Jimmy. afeccionado do Deportivo agredido en Madrid por ultras do Frente Atlético. O pleno apoia por unanimidade a proposta do BNG.
A arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola, Premio María Wonenburger 2015. O galardón, que a Xunta entrega dende 2006, foi outorgado no Pleno da Unidade Muller e Ciencia, celebrado este luns.
Ledicia Costas gaña o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con Escarlatina, a cociñeira defunta
Enrique Dans destaca no seu blog que a guerra dos bloqueadores de anuncios "evoluciona moito máis rápido do que parecía". Máis de 200 millóns de internautas empregan estas extensións para evitar a publicidade na súa navegación, o que nos últimos meses levou a unha sucesión de presións de empresas de Internet, demandas xudiciais e a aparición de listas brancas de anuncios aceptables
Médicos sen Fronteiras cualifica de "crime de guerra" as declaracións das autoridades de Afganistán, que xustificaron o ataque ao hospital -que o sábado causou 22 mortos- por ter detectado a presenza de talibáns no seu interior.
A partir das 9.30 tomarán posesión no Pazo de Raxoi os novos membros do Goberno galego: Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade; José Manuel Rey Varela, responsable de Política Social; e Ángeles Vázquez Mejuto, que dirixirá Medio Rural. Toda a información, esta mañá en Praza.
O xuíz recibirá este luns a familia de Andrea e os representantes do CHUS, no inicio dunha semana que pode ser decisiva para a situación que vive a nena.
As primeiras sondaxes a pé de urna prevén unha clara vitoria de Portugal à Frente, mais por debaixo da maioría absoluta. Segundo a RTP, PàF obtería entre o 38-43% dos votos e 108-116 escanos (116 é a maioría). O PS ficaría co 30-35% (80-88 deputados), o BE tería 9-11% (16-20) e a CDU 7-9% (13-17). Para a TVI, PàF tería o 39,2% (112 deputados), o PS 31,7% (83), o BE 10,2% (19) e a CDU 8,5% (16). A SIC outórgalle a PàF o 36,4-40,2% dos apoios (100-108 escanos), ao PS o 29,5-33,1% (84-90), ao BE o 8,1-10,5% (16-19) e á CDU o 6,8-9% (15-18). Livre, PAN e PDR poderían entrar na cámara.
Pechadas as urnas no Portugal continental e Madeira (nunha hora farano nas Azores), as canles de televisión ofrecen estimacións sobre a abstención que se podería ter producido, lixeiramente inferior á de 2011 (41,97%). As proxeccións van dende a máis baixa da RTP (35-40%) á máis alta da TVI (39-43%), pasando pola da SIC (36,9-41,3%)