Un centro infantil prohibe usar o galego ás súas profesoras. Denunciárono hoxe A Mesa e CIG-Ensino, que censuran o "racismo lingüístico" dunha empresa que remitiu unha circular interna "prohibindo calquera comunicación en galego e advertindo que o incumprimento desta orde será considerada falta grave"
Fálase
Dimite o xefe de prensa do lehendakari vasco ao ser investigado polo caso das informacións pagadas, nas que contidos publicitarios do Goberno de Euskadi eran presentados como novas na prensa. Cóntao eldiario.es
Feijóo comeza o debate de política xeral anunciando unha baixada de impostos "sen precedentes" e medidas sociais como un 'cheque bebé' de 100 euros ao mes. Toda a información, hoxe en Praza.
Dimite a presidenta do PP vasco, Arantza Quiroga. A dirixente dera marcha atrás á súa iniciativa para lograr un acordo político pola paza que incluía a EH Bildu.
A Coruña propón reducir o IBI ás familias numerosas e aumentar o recargo ás vivendas baleiras da Sareb e da banca privada. O goberno local aposta por unhas ordenanzas fiscais con bonificacións ás familias numerosas. Cóntao La Opinión.
Ás 10 comeza o debate de política xeral no Parlamento. Pódelo seguir ao vivo nesta ligazón
O TSXG e a Fiscalía Superior de Galicia avogan por pechar xa a instrución da operación Pokemon e critican a extensión no tempo da investigación. "A mellor maneira de non levar nada é querer levalo todo", afirmou o fiscal superior Fernando Suanzes en referencia á xuíza Pilar de Lara.
As tres universidades galegas dan o seu visto bo ao novo plan de financiamento para o quinquenio 2016-2020, cun 33% de fondos entregados en base a criterios variables, que crecerán ata o 40% en 2020. Os tres reitores apoian o documento con algunhas críticas aos criterios empregados.
Rajoy carga aos orzamentos da Moncloa os gastos derivados do coidado e acompañamento do seu pai, de 95 anos, que reside no palacio. O presidente do Goberno e a súa familia si teñen dereito aos servizos estritamente sanitarios, pero non o acompañamento ou a prestación asistencial.
Hillary Clinton destaca no primeiro debate entre os candidatos demócratas á Presidencia dos Estados Unidos e confírmase como gran favorita a gañar as primarias ante o resto de aspirantes, entre os que só sobresaíu Bernie Sanders