Carlos Callón e Carme Adán pasan a noite acampados cos mariñeiros do cerco. O sector reclama unha nova repartición e mañá manifestarase co apoio da maioría de formacións políticas.
Fálase
Varias partes da Pokémon critican a instrucción da xuíza. Presentan alegacións por acumular a causa na que Vendex é a principal investigada e agora inhibirse ante o Xulgado Central de Instrucción.
Detidos na operación Jaro defenden a "legalidade" de Causa Galiza e barallan mobilizacións. Critican a Villanueva por "exercer funcións de xuíz" e "determinar a inocencia e responsabilidade penal" de persoas con procesos abertos.
Concentración en varios concellos galegos en solidariedade coas vítimas de París e en rexeitamento dos atentados terroristas. Todas as forzas políticas e a Xunta amosaron xa as súas condolencias. Na imaxe, a concentración de Compostela.
Unha empresa de Málaga renuncia ao servizo de comedores escolares en Santiago. "Non somos ben recibidos", di en La Voz de Galicia, logo de que a Xunta rescindise o seu contrato noutros colexios galegos.
Yolanda Díaz será a número 2 de En Marea pola Coruña. A deputada de AGE no Parlamento ocupará o segundo posto da lista, por detrás de Antón Gómez-Reino, de Podemos.
Unha cadea de ataques no centro de París provoca cando menos unha trintena de mortes. Os tiroteos e explosións producíronse en lugares como unha sala de concertos e o Stade de France. Eldiario.es ofrece ao vivo o sinal de Euronews, que informa sobre o sucedido.
A independencia de Catalunya sería apoiada polo 46,7% da poboación, segundo unha enquisa do CEO. A CUP aumentaría o seu apoio electoral nunhas hipotéticas eleccións.
O PP faise coa alcaldía de Oia, grazas á moción de censura que presentou co apoio de Converxencia Galega. A popular Cristina Correa substitúe a socialista Rosa María Otero, rexedora nos últimos cinco meses.
Gladys Afonso, Xosé Manuel Saa, Carlos Lorenzo e Alexandra Fernández serán as primeiras propostas de Anova para a lista de En Marea ao Congreso, tras ser as persoas máis votadas no proceso de primarias internas celebradas entre a militancia da formación