O DOG publica o reparto das axudas da Xunta aos medios de comunicación. Son 1,6 millóns distribuídos entre 17 empresas.
Fálase
Ás 11 horas comezará o Comité Federal do PSOE, que previsiblemente ratificará o acordo acadado onte entre Pedro Sánchez e os baróns territoriais socialistas, para buscar un acordo con Podemos e outras forzas no que a convoctoria dun referendo en Catalunya quede fóra da discusión.
Mariano Rajoy reunirase esta mañá con Pablo Iglesias (Podemos) e Albert Rivera (Ciudadanos) dentro da rolda de contactos de cara a buscar apoios para a súa investidura como presidente do Goberno.
Rey Varela esgrime que o PP segue a ser o "partido preferido" de Galicia malia ao devalo nas xerais e apela ao "sentido común" para esixir que se permita gobernar aos populares. Recólleo El Progreso
Un incendio declarado a pasada noite na Merca queimou xa unhas 23 hectáreas. Previamente, a Xunta dera por extinguido outro que afectou a máis de 150 hectáreas en Carballeda de Valdeorras.
Os líderes territoriais do PSOE fían unha eventual negociación con Podemos á renuncia ao referendo catalán. Recólleo eldiario.es
Empate a 1515 votos na asemblea da CUP para decidir se inviste ou non a Mas. A formación convoca as asembleas territoriais e o consello político e tomará a decisión definitiva o 2 de xaneiro.
Manuel Martínez esixe un despacho dun administrativo na Deputación de Lugo. O deputado non adscrito tamén quere dedicación exclusiva.
O 'non' a Artur Mas tamén vence na segunda votación da CUP co 49,8%. A decisión definitiva depende dunha terceira votación da asemblea da formación independentista.
A asemblea da CUP rexeita a investidura de Mas na primeira votación, pero aínda non decidiu definitivamente. Desbota a opción de absterse na investidura do president en funcións.