VÍDEO "Entroido" ou "antroido"? O académico Antón Santamarina explica dende o Portal das palabras cal é a verba máis recomendable en galego para se referir a estas festas.
Fálase
- O PP tentou promover que a Casa Real propiciase novas eleccións sen encargarlle a ninguén a investidura, segundo fontes que cita o diario El Mundo 
- O avogado do 'narco' Marcial Dorado valora recorrer ao Constitucional tras confirmar o Supremo a condena a 6 anos de cárcere por branqueo. Recólleo Faro de Vigo 
- O temporal deixa múltiplas incidencias en Galicia durante a noite. A alerta laranxa mantense no litoral e a amarela, en terra, segundo informa Meteogalicia   
- O inicio das negociacións da investidura mellora as expectativas electorais de PSOE e Ciudadanos, segundo unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es que mantén os 6 escanos de En Marea   
- VÍDEO O mar xa reborda por mor do temporal en diversos puntos da costa galega, como na Coruña ou Viveiro (no vídeo). O litoral da Coruña está en alerta vermella e o resto da costa galega, en alerta laranxa. 
- A Xunta destina 9 millóns de euros a mercar parte das accións de Reganosa das que se desprende Gas Natural Fenosa. O Goberno defende que a regasificadora é así "máis galega".   
- UGT e CCOO saíron á rúa en varias cidades e vilas galegas polo dereito á folga. Critican o "retroceso inaceptable das liberdades públicas e das vías de participación democrática"   
- O pleno do Concello de Ourense aproba a reprobación do alcalde, promovida por Democracia Ourensana. "Teñen nas súas mans a moción de censura", di o rexedor popular tras a aprobación da iniciativa, que non é vinculante. 
- Raquel Arias tamén aspirará á presidencia do PP de Lugo xunto a Elena Candia logo da marcha anunciada de Barreiro.