O pleno de Ribeira rexeita retirar a rúa dedicada ao alcalde franquista Miguel Rodríguez Bautista, como pedían BNG, PSdeG e Ciudadanos. A moción, debatida entre gran tensión, foi rexeitada polo PP, polo grupo independente IPdR e pola edil non adscrita. Pódese consultar o vídeo da sesión nesta ligazón.
