O PSdeG proclama formalmente a José Luis Méndez Romeu e Xoaquín Fernández Leiceaga como candidatos ás primarias pola candidatura á Presidencia da Xunta. Este venres comeza a campaña interna, que durará ata o día 27, e o 28 realizaranse as votacións.
Fálase
VÍDEO | Un edil do PP en Vigo atribúe a Guerra Civil á "confrontación social" e censura que "as cámaras" amosen a exhumación de persoas asasinadas no franquismo. O tamén presidente das Novas Xeracións do PPdeG, Diego Gago, afirmouno durante un debate de representantes de organizacións políticas xuvenís en V Televisión. As Xuventudes Socialistas reclamaron este xoves a súa dimisión por estas declaracións.
Francia confirma que o avión de EgyptAir desaparecido esta mañá con 66 persoas a bordo se esnafrou. A investigación do sucedido segue aberta, segundo informou Hollande.
VÍDEO: Rajoy di que o PP tivo que "bailar con la más fea" no Goberno de España. Afirmouno, en referencia aos recortes, durante a súa xornada sobre "gobernos extremistas", celebrada en Balears.
A Policía volve á Deputación de Lugo por orde da xuíza De Lara á procura de documentación da Operación Pulpo. Desta volta, reclamou contratos coa consultora PricewaterhouseCoopers, que auditou a xestión de fondos europeos na institución, e vinculados ao Club Baloncesto Breogán, que dende hai máis dunha década veu tendo a entidade provincial como accionista maioritaria. Cóntao El Progreso.
Acordo para aprobar o orzamento municipal definitivo na Coruña. Goberno local e PSOE votan a favor dos cambios pactados para modificar as contas aprobadas o 1 de abril.
O PP organiza un foro sobre "malas prácticas de gobiernos extremistas" no que intervirá o seu voceiro no Parlamento galego, Pedro Puy.
A Comisión Europea admite que atrasa as posibles sancións a España polas eleccións. O comisario Pierre Moscovici di en El Español que a prórroga para cumprir o déficit é decidida por "respecto á democracia".
A Marea Atlántica decidirá o vindeiro día 26 "se lle presta o seu apoio" a En Marea nas eleccións do 26-X. A decisión será tomada na Rede, a asemblea que é o "máximo órgano de toma de decisións" da plataforma coruñesa.
O Goberno de España condedora por segunda vez os gardas civís que bateron nun migrante en Melilla, feitos polos que a xustiza os absolveu.