O alcalde de Vilariño de Conso, Ventura Sierra (PP), será xulgado por presuntas irregularidades na contratación de persoal do Concello para a extinción de incendios e axuda a domicilio. Así o vén de ditaminar o xulgado da Pobra de Trives, que no auto de apertura de xuízo oral lle atribúe presuntos delitos de falsidade e prevaricación, polos que se enfronta a unha condena de ata cinco anos de cadea e inhabilitación. O caso fora levado á Fiscalía polo PSdeG e o grupo independente Aivic, coaligados neste municipio.
