Anuncian a cancelación do programa Vía V, o faladoiro de actualidade política da canle V Televisión, do Grupo Voz.
Fálase
O Banco Popular releva o galego Ángel Ron da presidencia. A entidade convoca consello para substituílo por Emilio Saracho, conselleiro de Inditex.
O Goberno central gravará as bebidas azucaradas, o tabaco e o alcol para recadar 8.000 millóns máis. O Consello de Ministros aproba este venres as medidas.
O alcalde de Xinzo dáse de baixa no PP tras abrírselle xuízo oral por presunta prevaricación. As acusacións solicitan dez anos de inhabilitación.
Os alcaldes do PP súmanse á fin á creación da área metropolitana de Vigo para resolver os seus problemas "desde dentro". Tomaron a decisión logo de que o Consultivo rexeitase que as diferenzas no transporte sexsan "un obstáculo" para a súa constitución.
O Ministerio do Interior abre un ficheiro restrinxido de casos "especiais" que inclúe corrupción. Na nova clasificación cabe todo o que o Goberno considere de "especial transcendencia" sen máis detalle.
15MpaRato inicia accións legais contra a cúpula do Banco de España pola saída a bolsa de Bankia e pola ocultación de probas ao xuíz. A Audiencia Nacional exculpou o pasado luns a oito directivos da entidade e á CNMV de toda responsabilidade penal na estafa.
A Rede Galega contra a Pobreza reflexiona hoxe sobre "crecemento inclusivo, emprego digno e loita contra a pobreza" no VI Foro de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado, no que participa Praza.gal. Todo o programa, na web da EAPN Galicia
O Congreso apoia a derrogación da Lei Mordaza nunha moción sen apenas percorrido. Podemos e os nacionalistas apoiaron a moción do PSOE e Ciudadanos abstívose.
Cuba dá unha despedida multitudinaria a Fidel Castro. Raúl Castro pecha as honras fúnebres cun discurso no que gaba o legado do seu irmán.