Fomento di agora que si fará a variante de Ourense para o AVE e que buscará unha solución provisional para que o tren de alta velocidade chegue antes. O Ministerio emite un comunicado tras asegurar que non cría que "pagase a pena" o treito do AVE en Ourense que a Xunta vía esencial e di que o tren chegará á capital ourensá e Vigo polas variantes de Taboadela e Cercedo "como estaba previsto".
Fálase
Este outono choveu un 33% menos do habitual en Galicia, segundo o informe estacional que este martes publicou Meteogalicia. Resultou especialmente seco o mes de outubro (cun 64% menos de precipitacións) e no sur da Coruña e nas zonas motañosas do leste, onde no trimestre caeu un 60% menos chuvia do normal. O outono foi algo máis cálido que o ano anterior, engadíndose a unha xeira de ascenso case ininterrompido das temperaturas na última década.
António Guterres comezará a exercer como secretario xeral da ONU o vindeiro 1 de xaneiro. O ex-primeiro ministro portugués prometeu o cargo cun chamado á paz, ao "desenvolvemento sostible" e ás reformas na estrutura da organización. Guterres mantivo unha fluída relación con Galicia durante a súa etapa á fronte do Goberno de Portugal.
En marcha os preparativos para o Galicia-Catalunya de fútbol feminino do vindeiro día 22. A Federación Galega de Fútbol vén de presentar o cartel do partido, que se xogará no campo da Lomba, en Vilagarcía, con entradas a 5 euros.
Albino Prada publica na web de ATTAC Unha proposta sobre o déficit na caixa das pensións. O economista aposta por facer que as empresas acheguen máis ao financiamento da protección social, pero que o fagan de forma proporcional ao conxunto do seu valor engadido en non en función do seu persoal, beneficiando así as compañías que son intensivas en emprego
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, apunta ante a Xunta de Accionistas a opción de construír outro estadio en Vigo por 50 millóns de euros, ante a posibilidade de que o Concello non lle venda Balaídos.
España é o segundo país da UE con máis policías por habitante a pesar de ter unha baixa taxa de criminalidade. Duplica, por exemplo, o número de axentes por habitante de Alemaña ou Reino Unido
O PP busca o apoio de Ciudadanos para impedir a suba das pensións nun 1,2% pedida pola oposición ao completo. A Mesa do Congreso debate este martes este e outros vetos do Goberno a medidas aprobadas polo poder lexislativo.
A detención de tres persoas acusadas de queimar fotografías de Felipe VI provocou manifestacións nas principais cidades e vilas de Cataluña, onde se repetiron as mesmas accións. Deputadas da CUP, que pediron a dimisión do conseller de Interior, racharon fotos do monarca no Parlament
O presidente da federación madrileña do PSOE e alcalde de Fuenlabrada, Manolo Robles, apadriña un acto no que 400 militantes do partido criticaron a xestora da formación e reclamaron a convocatoria inminente dun congreso