Irmandade, eleccións, alburgada, porcoril, populismo e xenofobia; candidatas a seren a Palabra do Ano 2016 no Portal das Palabras da RAG. A votación estará aberta ata o vindeiro día 22 e pódese participar dende esta ligazón

Irmandade, eleccións, alburgada, porcoril, populismo e xenofobia; candidatas a seren a Palabra do Ano 2016 no Portal das Palabras da RAG. A votación estará aberta ata o vindeiro día 22 e pódese participar dende esta ligazón
A Ronda da Muralla de Lugo terá a velocidade limitada a 30 quilómetros por hora e un carril con preferencia para bicicletas. Así o vén de anunciar a alcaldesa lucense, Lara Méndez, que sitúa o inicio das mudanzas tras o Nadal. O Concello da cidade ten en marcha un proxecto para facilitar o uso da bici.
Louzán acóllese ao seu dereito a non declarar ante a xuíza De Lara por descoñecer a documentación do caso Cóndor. Á súa chegada aos xulgados o ex-presidente da Deputación de Pontevedra asegurou non ter constancia de recibir agasallos de Monbus polos que a maxistrada decidiu imputalo, segundo recolle El Progreso
A débeda da Xunta foi de 10.624 millóns no 3º trimestre, 103 millóns menos que no anterior e 249 máis que hai un ano. O endebedamento é agora o 18,7% do PIB galego, 3 décimas menos que hai tres meses. Consulta aquí a súa evolución
O ex-presidente portugués Mário Soares permanece en estado crítico nun hospital de Lisboa, segundo informa Público. En 2012 Soares analizou nunha entrevista con Praza.gal a situación política e económica de Europa.
A frota galega ve "desastroso" o recorte da cota de xurelo no novo reparto aprobado pola UE
O ministro de Fomento tenta frear as críticas do PP de Ourense recibindo o alcalde da cidade. De la Serna asegura agora que o seu departamento si está disposto a construír a variante do AVE no treito de Taboadela, que a Xunta presentou en 2011 como esencial.
Nacen os Premios María Luz Morales de ensaio audiovisual galego e internacional. Impúlsaos a Academia Galega do Audiovisual, contan con catro categorías e nacen co apoio das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra e mais do concello coruñés.
A coprodución galega Psiconautas, nomeada aos Goya como mellor filme de animación e María (y los demás), da produtora coruñesa Frida Films, opta a dous galardóns. Nos nomeamentos inclúese tamén un tema interpretado por Uxía como mellor canción orixinal polo filme Frágil equilibrio. Asdemais, o ferrolán Javier Gutiérrez foi nomeado a mellor actor de reparto por El Olivo.
Lores ve unha "moción de censura encuberta" nas emendas da oposición aos orzamentos de Pontevedra para 2017. As modificacións denuncia o BNG, "impiden gobernar e buscan torpedear o modelo de cidade". PP, PSOE, Marea de Pontevedra e Ciudadanos, sacaron adiante o ditame orzamentario en comisión e envíano ao pleno. "Non é o orzamento que nós presentamos", afirma o alcalde.