O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, aposta por pechar a comisión de investigación das caixas, que este luns se reabre no Parlamento galego. "Non é bo andar sempre revisando. Creo que a cuestión está suficientemente clara", di
Fálase
A factura da luz das tres primeiras semanas do ano é un 28% máis cara que a de xaneiro de 2016, denuncia Facua. O recibo do usuario medio sitúase nos 86,96 euros, levemente por debaixo do máis caro da historia, os 88,66 euros acadados a comezos de 2012.
Este domingo pechouse en Pamplona a segunda edición das Xornadas de Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder, que reuniu durante tres días a 400 integrantes de candidaturas municipalistas e movementos sociais de todo o Estado e varios países europeos. A Coruña podería acoller a terceira edición do encontro, que terá lugar esta primavera
O equipo liderado por Íñigo Errejón presenta os documentos político e organizativo que propón para a Asemblea de Podemos, nos que defende limitar o poder do secretario xeral do partido e darlles máis poder ás direccións territoriais da formación. Tamén aposta por unha maioría reforzada de dous terzos dos/as inscritos/as para aprobar "calquera proceso de fusión orgánica", coma a que podería realizarse con IU.
As vítimas do Alvia volven esta semana a Bruxelas para pedir que se depuren responsabilidades políticas polo accidente. Intervirán ante a comisión de peticións e reuniranse con responsables da Axencia Ferroviaria Europea.
O persoal de Nueva Pescanova denunciará ante Inspección a “mala fe” da empresa e “cortará” as horas extra como medida de presión. Uns 400 traballadores/as rexeitaron este sábado en asemblea unha proposta de convenio que, critican, empeora as condicións laborais
Ferrol en Común gañaría un concelleiro, aproveitando o descenso do PSdeG-PSOE, segundo a enquisa que este domingo publica La Voz de Galicia. PP (que tamén crececía en porcentaxe de voto), BNG e Ciudadanos manterían a súa representación.
Centos de milleiros de mulleres manifestáronse en todo o planeta contra Trump. As marchas en varias cidades dos Estados Unidos, de Washington a Chicago ou Nova York, pasando por Los Ángeles, Boston, Atlanta ou Seattle, foron masivas
Este domingo continúan as votacións para escoller o Consello das Mareas de En Marea. Os e as inscritas no partido poderán votar ata as 9 horas da mañá do luns. Así mesmo, unha ducia de locais permiten votar presencialmente, de 10 a 13.30 e de 17.00 a 19.30.
Ao redor de medio millón de persoas participan na Marcha de Mulleres contra Trump en Washington.