VÍDEO | Unha protesta en Santiago contra o peche do CSO Escarnio e Maldizer remata con cargas policiais na zona vella da cidade e cunha persoa detida (vídeo: Gz Contrainfo)
Fálase
O cumio ibérico elude propoñer máis avances no tren Vigo-Porto que electrificalo en 2019 e desoe a proposta da Eurorrexión de facelo competitivo a partir de 2020 coa rebaixa do tempo de viaxe a unha hora. Tampouco inclúe a proposta do corredor do Noroeste.
PP e PSOE acordan dar marcha atrás á norma que puña en risco centos de empregos na Xunta pola combinación cun artigo dos Orzamentos galegos. O pacto vén de acadarse no proceso de aprobación das contas estatais, que se están a tramitar no Congreso.
AUDIO | As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, agora tamén na radio nas voces do alumnado do IES das Mariñas, en Betanzos. A obra de Carlos Casares foi adaptada no marco dun proxecto do Laboratorio de Radio
Rajoy terá que declarar presencialmente no xuízo do caso Gürtel. A Audiencia non permite que o faga por videoconferencia. O presidente do Goberno de España e do PP comparecerá como testemuña o 26 de xullo.
A Policía desaloxa o Centro Social Ocupado Escárnio e Maldizer, un espazo na compostelá rúa Algalia de Arriba que viña funcionando dende 2014 nos antigos locais da agrupación Cantigas e Agarimos.
O Constitucional xa tramita o recurso de amparo polo arquivo da investigación do asasinato de José Couso. O caso foi ao arquivo pola reforma da xustiza universal promovida polo Goberno de Rajoy.
O fiscal xefe anticorrupción é propietario do 25% dunha empresa con sede en Panamá propietaria dun chalé en España de máis de 500.000 euros, segundo revela Infolibre
VÍDEO | As fortes chuvias inundan parte das instalacións do Hospital Lucus Augusti, en Lugo. As precipitacións -de máis de 20 litros por metro cadrado en apenas 20 minutos- provocaron diversos danos nas instalacións hospitalarias e tamén noutros puntos da cidade.
O goberno de Lalín perde a cuestión de confianza polos votos do PP e dun edil tránsfuga. A oposición ten un mes para formular unha moción de censura, algo que previsiblemente non sucederá polas limitacións das normas antitransfuguismo.