ÚLTIMA HORA | Unha furgoneta atropella varias persoas nas Ramblas de Barcelona. Hai varios feridos.
Fálase
UGT desconvoca a folga prevista a partir do 20 de agosto en Alvedro tras chegar a un acordo con Eulen para suspender a convocatoria até o 20 de setembro e negociar durante ese mes. Unha xuntanza entre sindicato e empresa decidirá se ocorre o mesmo co paro previsto en Lavacolla. CIG, CCOO e USO desmarcáranse da iniciativa de UGT.
O PP non atopa apoios para reabrir o debate da lista máis votada. Unidos Podemos e ERC rexéitana por completo e PSOE e Ciudadanos instan os populares a presentar unha proposta concreta para valorarala.
Juana Rivas recorrerá ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos para pedir protección para os seus fillos
O Goberno aproba o laudo arbitral co que imporá unha solución ao conflito de El Prat en dez días. Dálles 24 horas a Eulen e aos traballadores para pactar un nome de consenso para exercer de árbitro; se non o fan, escollerá un pola súa conta, que emitirá un ditame en dez días.
Un incendio en Cualedro obriga a cortar a A-52, do punto quilométrico 173 ao 178, en Trasmirás. O lume empezou ás 18 horas e permanece activo.
A Deputación da Coruña estuda denunciar a Fundación Franco por delitos de odio, tal e como reclamaba a CRMH da Coruña.
Trump equipara nazis e manifestantes antinazis como responsables dos incidentes de Charlottesville. "Houbo un grupo dun lado que foi malo e houbo un grupo do outro lado que tamén foi moi violento", afirmou o presidente estadounidense, que defendeu a continuidade da estatua do xeneral confederado Robert E. Lee.
O soldo medio dos empregados da empresa de seguridade de Eulen reduciuse un 11,7% entre 2012 e 2016: de 22.223 euros brutos a 19.630. InfoLibre destaca que os administradores da compañía ingresaron o pasado ano 288.000 euros, un 20% máis que en 2015
O Goberno central estuda mudar o sistema de poxas eléctricas das que depende Alcoa. Entre as propostas están a de convocar as poxas cada dous anos ou a de combinalas con bonificacións medioambientais